GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 26 de junio de 2012

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTE VERÁN



Este verán teremos tempo para continuar con novas  andainas no bosque, mergullarnos na praia,   refrescarnos, sentar, buscar tempos de silencio e disfrutar dos libros, das revistas, dos contos,  das películas, da música... de todo aquilo que nos fai viaxar, vivir aventuras, soñar, lembrar, e, por suposto, aprender.

Dende o  CEIP de Frian facémosvos unha serie de propostas  para este verán.



lunes, 25 de junio de 2012

O RITUAL DO TÉ COMO TAREFA FINAL

Os alumnos e alumnas de 3ºB investigamos moito sobre un país moi distinto para nós, Xapón, e chegamos incluso a coñecer o seu ritual do té.

Nesta presentación podedes observar que fixemos unha pequena cerimonia, con vestimenta incluida, deste momento tan importante para a sociedade xaponesa.



REMATANDO A NOSA INVESTIGACIÓN CON ARTES PLÁSTICAS


Os alumnos e alumnas de 5ºB adicámonos a pintar as nosas ceibas ao óleo ao longo da derradeira  mañán e así dar por rematado o traballo de investigación no noso  Proxecto Documental Integrado.

Nesta primeira presentación podedes ver algúns momentos do traballo:

 


E xa aquí os resultados finais: 




jueves, 21 de junio de 2012

TRABALLO FINAL DO TEIXO


Ao longo deste curso, unindo unha serie de propostas de traballo (o Planeta Bosque, a banda deseñada, o teixo máis antigo de Europa nun bosque escocés, as novas tecnoloxías...) os alumnos e alumnas de investigaron sobre estes temas a través da proposta que se lles fai neste Glogster, para poder achegarse á figura de Robin Hood e elaborar un traballo sobre a súa historia.

Tras todo tipo de investigacións amosámosvos o resultado final:


lunes, 18 de junio de 2012

INVESTIGANDO SOBRE O ALQUERQUE


Os alumnos e alumnas de estivemos a investigar na última proposta de Frianciño sobre o Xogo do Alquerque en Marrocos e  chegamos incluso a facer algúns taboeiros e xogar unhas partidas.

Neste vídeo podedes aprender as regras do xogo e ver como xogamos .




A GASTRONOMÍA E A SOCIEDADE NA INDIA


Un grupo de alumnos e alumnas de 6ºA estiveron a investigar sobre a gastronomía, a sociedade e a vestimenta neste país tan especial e do que tanto aprendemos ao longo deste curso.

sábado, 16 de junio de 2012

TEATRO EXTRAESCOLAR NO COLEXIO


Os nosos alumnos e alumnas que asisten ás aulas de teatro nas tardes en actividades extraescolares, compartiron con nós dúas obras que foron preparando ao longo deste curso.

Dirixidos por María e traballando moito, fixeron as ledicias de todos co Galo Kirico e os Tres Cirurxiáns.