GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 9 de diciembre de 2009

3º PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS!!!



A mañá de hoxe, 9 de decembro, ten rematado ben, pero que moi ben.

Sobre as 13 horas do mediodía recibiamos no noso cole a nova do Ministerio: xunto con outros catro centros de Galicia, acababamos de ser galardoados co Terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares.

Como este non é un premio individual, senon que é resultado da suma dos esforzos de todas e todos, queremos comunicárvolo dende aquí, e darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado e profesorado) por facelo posible.

Unha lembranza moi especial ó Equipo Directivo, que sempre nos ten apoiado con entusiasmo, e a todos os centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por compartir connosco as vosas propostas e, así, permitirnos aprender delas.

E, por último, grazas a Cristina e a Pilar, pola súa abnegada, esforzada e marabillosa laboura como Asesoras de Bibliotecas Escolares.


martes, 8 de diciembre de 2009

RAPACIÑOS, A DURMIR, QUE CHEGA O APALPADOR!!!


Que sabes do Apalpador?

Os nosos alumnos e alumnas do 1º curso de Primaria xa o saben: para iso teñen traballado sobre esta caza do tesouro.

Fina cóntanos de primeira man como vivía ela a chegada do Apalpador cando era unha cativiña:




En Vieiros na Escola tamén teñen investigado sobre este personaxe. Podes aprender moitas cousas se premes aquí.

Vós podedes iniciar a vosa particular búsqueda con este agasallo de Nadal: Antón e o Apalpador, da Editorial Barafunda. (O final, atoparalo mercando o libro).

E aquí poderás coñecer outra novidade editorial deste Nadal: O Apalpador, de Editorial Biblos.

O NADAL NO MUNDO


De novo chega o Nadal! Pero... como se viven estas festas nos diferentes lugares do mundo?

Este curso, enlazando co noso Proxecto Documental Integrado, queremos coñecer como se vive o Nadal noutros países. Para iso, temos elaborado diferentes cazas do tesouro. Podes acceder a elas a través deste enlace que vos levará á nosa páxina web.

lunes, 7 de diciembre de 2009

AS ACTIVIDADES DO PLAMBE, RECOÑECIDAS NA PRENSA




Como ben sabedes, o noso Centro está, dende o curso pasado, integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Moitas das actividades propostas nesta Rede Colaborativa xa están en marcha na nosa Biblioteca.

Un recoñecemento público nunca está de máis.
Nas últimas datas, as Bibliotecas Escolares Galegas e as súas actividades teñen sido nova en La Voz de Galicia.
Disfrutade dunhas informacións das que todos (vós e nós) somos protagonistas:

miércoles, 2 de diciembre de 2009

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


O 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade. O día 6 do nadal lembramos a aprobación da nosa Constitución.

A través do Conto de Xandre quixemos relacionar ambas as dúas celebracións.
Para máis información, consulta a nosa páxina web.

lunes, 23 de noviembre de 2009

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Por desgracia, un ano máis temos que celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O único que podemos facer mentras esta lacra siga existindo é concienciar e denunciar.

Iso é o que pretendemos co material que temos colgado na nosa páxina web.
Ogallá que o ano que ven non teñamos que celebrar esta data!

jueves, 19 de noviembre de 2009

EN NOVEMBRO, TRADICIÓN ORAL


Outro ano chega novembro, e con el, a nosa cita anual coa Tradición Oral.

Este é un mes forte na nosa Biblioteca, con novas propostas, moitas das cales estenderanse ó longo do curso.

Comenzamos o mes cunha nova actividade: VENRES DE VIVA VOZ, a nosa grande aposta deste curso para traballar a expresión oral.

Na Hora da Biblioteca estamos tamén a traballar CONTOS DO MUNDO BASEADOS NA TRADICIÓN ORAL.

Por último, a mediados de mes comenzamos os MARTES DE CONTO, actividade semanal desenvolvida durante o horario das Actividades Extraescolares no que participarán diferentes membros da Comunidade Educativa.

Para coñecer máis polo miúdo estas iniciativas, visita a nosa páxina web.