GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 23 de junio de 2016

PREMIANDO A PARTICIPACIÓN


Cun xogo de cartas exclusivo. 

Durante este curso escolar propuxemos ó alumnado participar en distintas actividades coas que foron acumulando puntos de cara a un agasallo vencellado co noso PDI Entre liñas anda o xogo. Ter acertado as adiviñas propostas na actividade Activa a túa mente, facer unha recomendación ou entrevistar ós avós para nos falar de xogos tradicionais tivo premio.

E cal foi o premio? Pois un xogo de cartas exclusivo para aprender sobre algúns matemáticos e os seus descubrimentos. Obra do noso habitual colaborador, Marcial MS.

Aquí vos deixamos coa nosa media ducia de gañadores, felices co seu premio.

Disfrutádeo!










miércoles, 22 de junio de 2016

A ILLA DAS ESCULTURAS


Un auténtico paraxe xeométrico. 

Hai algunhas semanas Belén (a nai de Iván) achegounos algunhas imaxes da saída que realizou a A.N.P.A. pola ribeira do Lérez no mes de maio. Unha fermosísima ruta durante a cal os participantes disfrutaron da xeometría, especialmente ó pasar pola Illa das Esculturas.












Se premedes neste enlace poderedes disfrutar doutras imaxes da saída.

Moitas grazas, Belén. E moitas grazas á A.N.P.A. por organizar estas saídas tan instructivas e familiares!

lunes, 20 de junio de 2016

COMPARTINDO CO ALUMNADO BIBLIOTECARIO



Para despedir o curso.

A pasada semana, antes de que o alumnado de 6º marchara de viaxe de fin de curso, reunimos ós nosos axudantes na Biblioteca para compartir con eles unha pequena merenda. Un encontro moi alegre, no que a responsabilidade foi premiada con pequenos agasallos. E sobre todo, moi ilusionante, por saber que o relevo está preparado: un pequeno grupo de cativos de 2º, despois de facer prácticas este curso, xa está disposto a tomar el relevo.



Grazas, chicos!

O CICLO DA AUGA



Investigando e experimentando tamén na casa.

O alumnado de 3º A estivo a investigar, este curso, sobre o ciclo da auga. Tanto interese mostraron que, algúns deles, artellaron traballos e experimentos na casa, como Irene e Noa.




1. Experimento sobre a evaporación e a condensación: 




2. Experimento para explicar a precipitación:




3. Experimento para explicar a filtración:



Grazas, chicas, por compartir con todos a vosa inquedanza investigadora!

miércoles, 8 de junio de 2016

FESTA FIN DE PROXECTO


Compartida coa Comunidade Educativa.

O PDI deste curso (Entre liñas anda o xogo) chega ó seu fin. E chega a este punto grazas á axuda que, durante estes nove meses, a Comunidade Educativa (familias, mestres e alumnado) nos ten prestado. E por iso chega a despedida compartindo, tamén con todos eles, traballo, mantel, actividades e espectáculo.

Acompañados dun tempo espléndido, o día resultou intenso. A modo telegráfico, aí quedan as imaxes para lembrar un día perfecto.

1. Os preparativos.



2. Os obradoiros.



3. A merenda.



4. Os xogos.



5. A comida campestre.



6. Festa da lingua


Grazas a todos e a todas por este día tan especial!

martes, 7 de junio de 2016

MUSEO XEOMÉTRICO


O produto final do noso PDI. 

Se subides pola escaleira do noso cole poderedes contemplar os fermosos cadros que teñen preparado os nenos e nenas do colexio. Non esquezades os vosos móbiles con lectores QR para escoitar as audioguías!













E se queredes acompañarvos de música, aquí tendes o vídeo coas audicións seleccionadas polo alumnado de 5º A na aula de Educación Musical.



Disfrutade coa visita!