GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 31 de mayo de 2016

O FALSO ESPELLO


De René Margritte.

Como colofón do noso PDI, reproducimos e comentamos cadros nos que estean moi presentes as formas xeométricas. Nesta ocasión, o alumnado de 5º A reinterpreta O falso espello, de Margritte.

lunes, 30 de mayo de 2016

O HORÓSCOPO CHINÉS



Co alumnado de 2º B. 

O currículo de Matemáticas de 2º curso de Primaria inclúe a medida do tempo. Por tal motivo, o grupo de 2º B decidíu investigar sobre o horóscopo chinés. Aquí tendes a súa exposición oral. 



APRENDENDO A LER LINGUAXE COMPUTACIONAL




Repasamos as táboas de multiplicar?

Nos últimos tempos o mundo do Scratch está abrindo perspectivas moi interesantes na Educación, non só polas motivadoras actividades que se poden xerar, senón tamén polas posibilidades de organizar o pensamento como paso previo á xeración das mesmas.

Xa que estamos cun proxecto sobre as matemáticas, ofrézovos esta ferramenta que temos creado con Scratch para que os vosos alumnos repasen a táboa de multiplicar.



Resultouvos gratificante a experiencia? Podedes contárnolo nun comentario. Grazas. 

domingo, 29 de mayo de 2016

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL


Elixindo a imaxe para o noso Día da Feira.

Como saberedes, o vindeiro martes 7 xuño (se o tempo o permite) celebraremos a Feira Fin de Proxecto. E, como xa ven sendo tradicional, as familias participades con imaxes para elixir o cartel deste día. Sen embargo, este curso, dado que estivestes a investigar sobre imaxes matemáticas, imos introducir unha variante. Das imaxes enviadas durante o curso, o Equipo de Biblioteca ten feito unha selección entre as que elixiremos a que máis nos guste para plasmar no cartel.

Para colaborar connosco, seguide este proceso:
  1.  Visualiza as fotos seleccionadas no seguinte enlace:  https://picasaweb.google.com/108810591955618978279/6290052710502872865?authkey=Gv1sRgCJjShfzLlcGSXg#slideshow/6290052712700024754
  2. Despois de visualizalas, elixe a que máis che gusta. Fíxate no número escrito debaixo (Foto x). 
  3. Agora, entra no seguinte cuestionario e pica o número que corresponde á foto que che gusta
  4. Cando remates, non esquezas premer no botón ENVIAR para que a resposta quede  gravada. 
Non te demores! Tes de prazo ata o sábado 4 de xuño.





sábado, 28 de mayo de 2016

ENTREGA DE PREMIOS


Do Concurso de Recitado.

Hai xa algúns meses, co gallo do Día da Poesía, celebraramos un Concurso de Recitado sobre poemas de Os soños na gaiola, de Manuel María. Tras a valoración dos membros do Equipo de Biblioteca, resultaron gañadores:
      • os tres grupos de alumnos e alumnas de 4º A, nas interpretacións colectivas
      • Alba Ramallo (5º A) nas interpretacións individuais
Todos os participantes recibiron o seu diploma e doces; e os gañadores, un agasallo especial. Aquí os vedes a todos, posando moi orgullosos. 


jueves, 26 de mayo de 2016

ACTIVANDO A MENTE DE XEITO CREATIVO


A derradeira proposta deste curso. 

Durante o presente curso estivemos incentivando a participación do alumnado mediante propostas matemáticas de diversa índole. A participación resultou moi elevada a partir de 4º curso de Primaria, e os rapaces mostrábanse ilusionados e motivados.

Achegándonos ó remate deste curso, a última proposta foi creativa:

Fíxate na silueta. Que cres que representará? Todas as respostas serán válidas, sempre que sexan simétricas


Estas foron as respostas que nos deron os alumnos e alumnas participantes. Algunhas delas, como podedes comprobar, moi orixinais:




Pero a silueta non é unha invención nosa. Tamén é unha análise matemática da realidade. Copiamos a idea o pasado verán, nas rúas de Turín, onde unha mostra reflectía o enxeño de varios artistas para recrear a silueta dunha da iconas da cidade: a cúpula da Mole Antonelliana, onde está instalado o Museo da Cinematografía




Como vedes, a Mole é toda unha mostra matemática, pola súa superposición de formas xeométricas e pola súa magnífica simetría.

Imaxe: LEONARDO PIRES. Torino and Mole Antonelliana from Villa della Regina. en Flickr. CC BY