GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 8 de marzo de 2016

O CORAZÓN



Un poema de Andrés Neuman.

Uxía, alumna de 6º A, recita este poema matemático.

HIPATIA DE ALEXANDRÍA




A historia dunha matemática da Antigüedade.

O alumnado de 3º B de Primaria investigou sobre esta grande matemática do Mundo Antigo. O resultado das súas indagacións está recollido nestes vídeos, creados con Tellagami.










Imaxe: JULES MAURICE GASPARD. Hypativa portrait. Dominio público.  En Wikimedia Commons

A BIOGRAFÍA DE FLORENCE NIGHTINGALE



Contada polo alumnado de 4º A.

Co gallo do Día da Muller Traballadora, o alumnado de 4º A investigou sobre este enfermeira, famosa por aplicar a estatística no estudio das causas da mortalidade das tropas durante a Guerra de Crimea, creando así o diagrama da rosa.

Despois de investigar, o alumnado empregou para a súa exposición a aplicación chamada Tellagami. Aquí tendes os resultados do seu traballo.













Imaxe: Primeiro plano de Florence Nightingale. Dominio público. En Wikimedia Commons

lunes, 7 de marzo de 2016

A TABLA DE MULTIPLICAR



Segundo a versión de Miguel de Unamuno.

Miriam, alumna de 6º A, canta a tabla de multiplicar, seguindo o poema de Miguel de Unamuno.

A BIOGRAFÍA DE VALENTINA TERESHKOVA



Contada polo alumnado de 3º A.

Co gallo do Día da Muller Traballadora, o alumnado de 3º A investigou sobre esta muller, famosa por ser a primeira muller astronauta da historia, percorrendo a órbita terrestre 48 veces durante 70 horas e 50 minutos.

Despois de investigar, o alumnado empregou para a súa exposición a aplicación chamada Tellagami. Aquí tendes os resultados do seu traballo.












Imaxe: JAMES JOEL03a-valentina-tereshkova. En Flickr.  CC BY ND.

sábado, 5 de marzo de 2016

A NOVA DA SEMANA



Seleccionada polo alumnado de 3º A. 

Os éxitos deportivos do Barça constituíron, en opinión do alumnado de 3º A, a nova máis salientable da prensa semanal.

viernes, 4 de marzo de 2016

MARÍA LUISA TEN UN CAN


Unha rima tradicional no Venres de Viva Voz.

Os nenos e nenas de 4 anos A botaron man á Tradición Oral para preparar o seu Venres de Viva Voz. Aquí os vedes recitando María Luisa ten un can.