GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 29 de junio de 2015

DESPEDÍMONOS DOS ALUMNOS BIBLIOTECARIOS...



... cunha comida compartida.

Despois de traballar tanto durante o curso, tiñamos que agasallar ós nosos alumnos e alumnas bibliotecarios dalgún xeito. Por iso os convocamos a comer connosco nun lugar "prohibido": a sala de mestres.

Entre risas e bromas chegamos ó postre (deliciosos xeados) e ó agasallo (un chaveiro de Frianciño, a nosa mascota).

Aquí vos deixamos coas imaxes da xornada. Moi festiva, como podedes comprobar.



Grazas, chicos...! E feliz verán!

domingo, 28 de junio de 2015

LER TEN PREMIO



Agasallos para os máis lectores.

Chegando a fin do curso, na Biblioteca quixemos agasallar a aqueles alumnos e alumnas que se destacaron por ler máis libros. Aquí os tendes, posando cos seus novos libros:

viernes, 26 de junio de 2015

BENITO SOTO ABOAL



O derradeiro pirata. 

O alumnado de Educación Infantil estivo a investigar este curso sobre os piratas galegos. Entre eles destaca Benito Soto Aboal, nado no barrio da Moureira, en Pontevedra, quen, a bordo do seu barco Burla Negra foi o terror da súa época.

A continuación deixámosvos co vídeo no que falan da súa investigación. Sen embargo, no colexio debe andar un trasno solto que fixo perder o audio dalgúns fragmentos. Por tal motivo, veredes que algúns están subtitulados. A pesar diso, este pequeno percance non vos impedirá coñecer o moito que os rapaces saben deste pirata, personaxe tan real para eles coma calquera outro compañeiro de xogos.





Imaxe: De Soto chasing the Morning Star. By Frederick Whymper [Public domain], via Wikimedia Commons.

martes, 16 de junio de 2015

ENTREGA DOS ÁLBUMES...



... ós alumnos máis participativos.

Algún dos adultos que nos len lembrará aqueles magníficos álbumes da nosa nenez. En concreto, eu tiña un titulado As sete marabillas do mundo, onde se facía un percorrido polas construcións máis fantásticas da historia da Humanidade. Alí coñecín a Torre de Babel, o Coloso de Rodas, o Machu Pichu...

Para fomentar a participación do alumnado (e de paso, a lectura) este curso decidimos crear un álbum que nos permitira lembrar todo o que temos aprendido no noso PDI deste curso. Pero o álbume "había que gañalo". Así, cada vez que un alumno facía unha recomendación, ou participaba nunha actividade, recibía un determinado número de cromos.

Chegou o intre de completar os nosos álbumes. Y os alumnos e alumnas máis participativos recibiron o seu agasallo. Aquí os tendes, posando xuntos.




lunes, 15 de junio de 2015

SEGUIMOS FALANDO DE LIBROS



En 4º A. 

Despois de ler Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey, o segundo grupo de alumnos de 4º A reuníuse para falar da súa lectura. Cun pouco de retraso dámosvos conta, pois, da sesión.

Resultou impresionante o ben que os rapaces coñecían o libro: as relacións familiares, os sentimentos, foran perfectamente captados. Como adultos, extraían interesantes conclusións. E, ó final, a pregunta: poderemos seguir a falar de libros o curso que ven...?

Pois iso esperamos. Porque compartir lecturas é compartir vivencias. E é voltar ler o libro cos ollos dos outros.

Polo intre, deixámosvos con algunhas imaxes da xuntanza.




sábado, 6 de junio de 2015

DE AULA EN AULA...



... De conto en conto.

Así foi como as nosas contadoras foron pasando por todas as aulas de Educación Infantil. Colleitando grandes éxitos. Quen sabe se, nun futuro, algunha delas se adicará profesionalmente a isto.

Xa noutros posts véramos a Aine e Sheila en acción. Hoxe toca o turno de Silvia, Lucía e Elisa.





Parabéns, chicas!

viernes, 5 de junio de 2015

FRIANCIÑO NA MÁQUINA DO TEMPO



Conto colaborativo para celebrar o Día das Letras Galegas.

Como xa vos informaramos noutro post, para celebrar o Día das Letras Galegas propuxemos ás diferentes aulas redactar un conto no que poideramos reflectir algúns dos aspectos aprendidos durante o noso PDI.

O punto de partida era unha pequena introdución elaborada pola profe Charo, e o nexo, a viaxe de Frianciño na máquina do tempo.

Despois de recoller o material elaborado por todas as aulas, aquí tendes completa a historia de Frianciño na máquina do tempo, en formato dixital.


O formato papel pódese visitar na nosa Biblioteca.