GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 31 de enero de 2015

HISTORIAS DA EMIGRACIÓN


Recopiladas entre a nosa Comunidade Educativa.

Como xa vos informaramos nun post anterior, este curso, para festexar o Día da Paz, estivemos a traballar sobre a Emigración. Xa que entre Galicia e outros lugares do mundo xenerouse dende sempre un intercambio cultural moi intenso, pedimos ó noso alumnado que recabara información entre as súas familias e que a compartira connosco.

Este é o resultado deste traballo. Historias fermosas que falan de constancia, de tesón, de intentar mellorar as condicións de vida... De soños, pero tamén de morriña e de soidade.

Grazas pola vosa xenerosidade ó compartilas!



Imaxe: INDIACATALINA.  Monumento a la madre del emigrante. Gijón. CC BY SA

viernes, 30 de enero de 2015

QUEN DIXO MEDO...?



Nova Tarde de Contos

O xoves 29 tivemos a última Tarde de Contos do mes de xaneiro. A contadora foi Pilar, a nai de Lara e de Nerea, que se achegou onda nós para nos contar Juan sin miedo.

Os participantes, que estiveron moi atentos, disfrutaron logo dun obradoiro de construción de monstros (para asustar a Juan, que os nosos cativos son moi valentes e non se asustan por nada).

Aquí vos deixamos as imaxes da xornada.

jueves, 29 de enero de 2015

A LENDA DE RÓMULO E REMO


Fundadores de Roma.

Os nenos e nenas de 3º B contaron, no seu Venres de Viva Voz, a historia de Rómulo e Remo, que, segundo a lenda, foron os fundadores de Roma.

Para axudarse, debuxaron a historia.




E logo, gravaron o vídeo.

Mirade que profesionais...!



Imaxe: MANOLO GÓMEZ. Rómulo, Remo y la loba. En Flickr. CC BY.


martes, 27 de enero de 2015

70 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ




Unha historia para non esquecer.

O 27 de xaneiro de 1945 as tropas soviéticas entraron no campo de concentración de Auschwitz. O que alí atoparon foi espeluznante. Ninguén sabía dos horrorosos feitos que ocurriran neste lugar, onde morreron na cámara de gas máis dun millón de xudeos, xitanos, intelectuais, comunistas ou homosexuais. A intervención dos rusos conqueríu salvar a 7.000 persoas.

Auschwitz, situado en Polonia, non foi o único campo de concentración alemán, pero si o máis grande.

O filósofo Jorge Santallana dicía: Quen esquece a súa historia está condenado a repitila. É por esta razón pola que a resolución 60/7 da ONU declaraba o día 27 de xaneiro Día Internacional en memoria das víctimas do Holocausto.

Tamén por esta razón, en 1979 Auschwitz foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

Imaxe: Chmouel. Visión de Auschwitz no inverno. En Wikipedia. CC BY-SA.


domingo, 25 de enero de 2015

AS NOVAS DA SEMANA DE 4 ANOS B



Recén colleitadas!

Aquí tendes as novas escollidas polos rapaces e rapazas de 4 anos B. É incrible comprobar o que aprenden con esta actividade. E o máis salientable é decatarse de que entenden o que din. E como o sei...? Porque eles mesmos son quen de autocorrixirse e dicir o mesmo doutro xeito.

Disfrutade coa súa inxenuidade e bo facer!

sábado, 24 de enero de 2015

RETOMAMOS AS TARDES DE CONTO


Con Ana, a nai de Aldara.

Despois da paréntese navideña, o mércores desta semana recuperamos as Tardes de Conto. Nesta ocasión, a contadora foi Ana, a nai de Aldara (5º A), que nos trouxo un clásico da literatura infantil: Os tres bandidos.

E despois do conto, obradoiro. Como se achega o Entroido, os cativos construíron os seus propios antifaces.



Grazas, Ana!

viernes, 23 de enero de 2015

QUEN SOMOS...?


Iso preguntan os nenos e nenas de 3º A.

Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 3º A prepararon un vídeo moi ben documentado, vencellado co seu tema de traballo deste curso. A resposta terédela se "perdedes" só uns minutos con eles.



Parabéns, chicos!


Imaxe: DILIFF. A 4x4 segment panorama of the Coliseum at dusk. In Wikipedia. CC BY SA.