GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 30 de abril de 2014

PRIMEIRA LECTURA DOS CLUBES DE 5º DE PRIMARIA




Compartindo Matilda. 

Á volta de Semana Santa, asentados xa novamente no trimestre, reunímonos os clubes de lectura de 5º curso de Primaria (iso si, un pouco minguados tras a "multitudinaria" sesión de presentación).

Ó redor de Matilda, e con algo de picar para que as ideas e as palabras fluíran mellor, xuntámonos durante o recreo e a Hora de Ler, en dúas xornadas, Os picatostes e Os filipinos.

Conclusión: a quen non lle gustan os clubes de lectura é que os ten probado pouco (como a tónica).



domingo, 27 de abril de 2014

JULES VERNE



O pai da ciencia ficción. 

Jules Verne foi un escritor francés que naceu en Nantes en 1828 e morreu en Amiens en 1905.

Aínda que comezou a estudiar para avogado (coma o seu pai), ó final decidíu deixar todo e adicarse á escritura. Deste xeito convertiríase nunha das plumas máis famosas da literatura de aventuras de todos os tempos. A extraordinaria documentación que manexaba para redactar os seus libros levoulle a imaxinar submariños e naves espaciais cando todavía non existían. Por iso é considerado un dos pais da ciencia ficción. 

Grazas a esa investigación tan minuciosa, Verne escribíu sobre a nosa ría nunha das súas obras máis afamadas: Vinte mil leguas baixo do mar (1869). Nela, o Capitán Nemo e os seus homes achéganse á Baía de Rande, onde recuperan tesouros procedentes dos galeóns afundidos.

Anos máis tarde, Verne visitou a nosa cidade coa súa familia. En lembranza destas viaxes e da súa obra, en Vigo existe unha fermosa escultura adicada a el. É a que ilustra este post, e que poderedes atopar no Peirao do Comercio, ó lado do Real Clube Náutico.

Na nosa biblioteca poderás atopar un montón de aventuras deste mago do relato. Preme neste enlace para elixir.

Boa lectura!

AVES MARIÑAS DE GALICIA



                                                                                                                                          Cristóbal Alvarado Minic

A investigación dos nenos e nenas de 2º curso de Primaria.

Co gallo do noso PDI deste curso (A lingua sabe a mar) os rapaces e rapazas de 2º curso de Primaria encargáronse de investigar sobre as Aves mariñas de Galicia.

Aquí está o resultado do seu intenso (e extenso) traballo.


Parabéns!

OS DE 2º A INVESTIGAN NA BIBLIOTECA



Queremos libros para investigar sobre...

Esa é unha das súas expresións favoritas.

Fóra das súas horas de Biblioteca, non resulta infrecuente que varios dos alumnos e alumnas de 2º A se acheguen a ela buscando información sobre un determinado tema que están a estudiar.

Hai un par de semanas, toda a clase foi sorprendida así, aproveitando que a biblioteca estaba baleira.


Non resulta emocionante?

jueves, 24 de abril de 2014

LENDO CIENCIA (A CONCIENCIA) NA BIBLIOTECA



Con Luisa Martínez, investigadora do CSIC.

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º curso de Primaria tiveron unha sorte fantástica: celebrar o Día do Libro con Luisa.

Luisa é unha entusiasta investigadora do CSIC que se achegou onda nós durante dous días para nos falar sobre o seu traballo. E fíxoo acompañada do que máis lle gusta: unha bolsa chea de libros, un microscopio e animais mariños.

Para comezar, contounos dous contos: A ola e Non quero ser un polbo!

E logo explicounos cousas do seu traballo. Para iso púxose luvas e mostrounos un polbo e unha lura.

A través do microscopio descubrimos como son os pequenos polbiños cando aínda son un ovo. Tamén vimos cabaliños de mar disecados. E o pico de ouro dun calamar xigante... iso si que é perigoso!

Rematou a sesión coa proxección de dous pequenos vídeos: o primeiro, sobre as estratexias que segue o polbo para protexer os seus ovos; e outro sobre os calamares xigantes. Uhm...! Mellor non se pór perto deles...! Cando se enfadan son temibles!




Estas marabillosas xornadas estiveron plagadas de curiosos "incidentes". Candela, Breogán e algún máis da súa clase falaron para a cámara de VTelevisión. Sen saber de que se trataba, os de 4 anos B chegaron dicindo que aquí cheira a "fish". Uns cantos decidiron que querían ser científicos. E Simón comentou ó seu pai: "Veu ó cole unha científica que se chama Luisa e metín o dedo na boca dun calamar xigante".

Resultou que o pai de Simón e Luisa eran vellos amigos. Aquí os tendes ós tres.


Por outra banda, non hai como ser alumnos bibliotecarios. Os rapaces de 6º que se achegaron hoxe á Biblioteca disfrutaron da boa disposición de Luisa, que aproveita calquera intre para divulgar esa ciencia que tanto ama. Así que eles (como xa son maiores) poideron investigar no microscopio ás súas anchas, sacar fotos... e falar con Luisa distendidamente! Lucas ten máis claro, cada día, que quere ser biólogo. 






Como recordo da súa visita ó noso cole, Simón agasallou a Luisa cun Frianciño (a nosa mascota). Non é un peixe, nin un polbo... pero, este ano, anda a trafegar no mar.




Grazas, Luisa, pola túa cercanía, pola túa amabilidade e boa disposición, e, sobre todo, por aprendernos a ler no Gran Libro da Ciencia.