GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 18 de julio de 2013

NUN LIBRO...



... Que de cousas atoparás!

Quen máis e quen menos, xa ten feita a súa maleta, na que non faltarán a toalla, as gafas, a crema solar ou o sombreiro. Pero... non esquezades o voso libro! Está cheo de sorpresas. Fixarvos ben neste vídeo, no que Paco Nogueiras (a quen coñecimos grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares) nos canta esta canción.




Disfrutade lendo!

miércoles, 17 de julio de 2013

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DE LECTURAS



Gemma Lluch nas VI Xornadas dos Clubes de Lectura. 

O pasado mes de xuño celebráronse en Santiago os xornadas anuais de Clubes de Lectura. Inaugurou os ditos encontros Gemma Lluch, quen falou sobre a importancia de establecer criterios para seleccionar as lecturas dos nenos e xóvenes.

Esta charla pódenos dar pistas non só para elixir os libros dos clubes de lectura, senon tamén para seleccionar as lecturas obrigatorias do noso alumnado. Dado o seu interese, ademais de adxuntar o vídeo da magnífica ponencia, permítome resumir algúns puntos que considero fundamentais.

1. Que criterios empregamos á hora de seleccionar as lecturas: 

A partir de estudios realizados, se detecta a existencia de dous tipos de criterios:

  • criterios compartidos: por exemplo, os cánones literarios, que poderiamos considerar obxectivos e recoñecidos universalmente; 
  • criterios ocultos: elixir o que "lles gusta", ou os libros que regala a editorial. Estes criterios non resultan obxectivos, e obedecen a outro tipo de motivacións. 
2. Que criterios poderiamos manexar para elixir as nosas lecturas?
  • elixir libros que aparecen en seleccións resulta un criterio válido. Pero habería que cuestionarse: por que se fai esta selección? quen a fai? para que se fai...?
  • elixir libros segundo criterios persoais: "líao eu de pequeno"; "gústalle ó meu fillo"; "gústame a min", non resultan criterios válidos;
  • para elixir, deberiamos pórnos sempre no lugar do outro
  • e deberiamos ter en conta: diversos tipos de lecturas; os obxectivos que perseguimos coa lectura; o contexto lector; o tipo de lector

3. Que entendemos por criterios?

Son unha guía que nos orienta na selección de lecturas. Neste sentido: 
  • constitúen un punto de partida sempre discutible; 
  • non son pechados;
  • deben permitir unha lectura entendida en sentido amplio: en pantalla, en papel, en periódico, de todo tipo de documentos...
Son un marco para compartir, debatir, falar e intercambiar ideas. Oriéntannos coma mediadores e como lectores críticos. 

4. Por que empregar criterios?
  • Para rentabilizar os presupostos.
  • Para obxectivar as nosas decisións. 
  • Para compartir (ou debatir) as nosas valoracións. 
  • Para ampliar o noso abano de lecturas. 
  • Para elixir (ou non) libros de calidade.
  • Para elixir libros que nos enseñen.
  • Para elixir lecturas que nos axuden a dialogar con autores e tempos; 
  • Para aprender a recoñecer o plaxio. 
  • Para aprender a ler en distintos formatos. 
  • Para nos levar a ler outros libros. 

5. Que entendemos por ler?

Tradicionalmente, líase por pracer ou para aprender. Hoxe, lemos: 
  • para conversar; 
  • para cohesionar un grupo ou un centro; 
  • para intercambiar experiencias; 
  • para dar a palabra, para dar visibilidade ás opinións dos outros (blogs, redes sociais...);
  • para transformar os datos en coñecementos; 
  • para axudar ós lectores a se transformar en xestores dos clubes de lectura.
En definitiva: ler é medrar como persoa e como cidadán


Déixovos con este fantástico vídeo (outro formato para "ler"). Todos podemos aprender moito del.





sábado, 22 de junio de 2013

ATA SEMPRE



Chegou o fin de curso, e a vida encamíñanos por novos roteiros. 

O 21 de xuño chegou, e fíxoo con sentimentos encontrados. Por unha banda, respirabase felicidade polo remate das clases, despois dun curso tan intenso. Pero, por outra, as bágoas brotaron, incontenibles, ante a perspectiva da marcha dalgúns dos nosos compañeiros e compañeiras. 

Esa tristura, especialmente manifesta na aula de 3º A, é compartida polo Equipo de Biblioteca, que perde este curso a un dos seus membros "oficiosos": Pili. 

Pili é a nai de Valentina e de Mateo. Xunto con Marisol e Chari, encargouse, durante todo o curso, de xestionar as Tardes de Conto. Botarémola moito de menos, aínda que seguro que xa deixa preparado un bo relevo, tal é a súa responsabilidade e bo facer. 

Cada vez que leamos un libro de piratas lembraremos as fantásticas tardes que pasamos con esta entrañable familia en illas tropicais plagadas de palmeiras; o seu sorriso permanente, a súa delicadeza no trato, a súa colaboración gratuíta e xenerosa. 

Só nos queda o consolo de estar en contacto con eles a través da Internet, e a esperanza de que, tal vez, 
a lectura e as historias volten nos unir. Quen sabe se, algún día, envíannos novas da Feira do Libro de Guadalajara...!

Valentina, Mateo, Pili...! Moitas grazas e boa sorte na vosa singladura!

A LINGUA SABE A PAN




Así foi o noso PDI deste curso. 

Remata o curso e cómpre facer balance. Nove meses que serviron para coñecer máis polo miúdo a figura de Álvaro Cunqueiro, e para valorar máis o fermoso legado que, entre todos, debemos cuidar: a nosa lingua.

Se premedes nesta imaxe, poderedes coñecer en que consistiu o proxecto.




5 ANOS E UNHA LONGA HISTORIA DE LECTURA





Os nosos alumnos e alumnas de 5 anos cambian de etapa.

O tempo pasa moito máis rápido do que imaxinamos. Apenas chegaron ó colexio con 3 anos, e xa pasan a Primaria.

O xoves 20 tivemos o acto de graduación do noso alumnado de 5 anos. Un acto emotivo e cargado de historia e de lembranzas.

Bo intre parar repasar a grande historia de lectura que xa levan na mochila da vida. Como exemplo, deixámosvos o álbume de Irene.

Pois que medre!

viernes, 21 de junio de 2013

LER TEN PREMIO




Chega o final de curso.

E cómpre felicitar ós nosos alumnos e alumnas máis lectoras. Aquí os tendes: Roi, Lucía, Adrián, Claudia, David, Xian. Samuel, Xoan, Alba, Adrián C., Adrián G., Aarón, Aine, Diego, Lía, Andreea, Lhorrana, Sara, Ainhoa e Adrián.





Tamén houbo agasallos especiais para os rapaces e rapazas de 6º curso de Primaria, que este curso deixan o Colexio, e para os de 5º de Primaria, os máis fieis lectores da nosa biblioteca e dos nosos clubes de lectura: 




E en verán... a ler máis e máis...!


DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º CURSO DE PRIMARIA




Esta foi a nova dos nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos B.

Para a súa Nova da Semana, os rapaces de 3 anos B prepararon esta bonita despedida para os chicos e chicas de 6º curso de Primaria.






Grazas ós cativos, e... boa sorte ós maiores!