Políglota... e coa familia ó completo!
O último martes do trimestre (o día 19) estiveron connosco Noa (1º de Primaria), Aroa (Educación Infantil 4 anos) e os seus pais. Toda a familia falando inglés!
Comezou a mamá, contándonos a historia de Ollie, un parrulo que non acababa de saír do seu ovo. Logo aprendimos vocabulario con Big and Small e Colours.
A continuación tocoulle o turno a papá, con Zoo Mum, un pingüino en busca da súa nai.
Noa (que xa sabe ler) non quixo ser menos, e contounos Berta, la ballena.
A familia ó completo rematou a súa intervención cantando tres cancións en inglés.
Como recordo desta tarde tan fantástica, todos os participantes na actividade elaboramos unha medusa que, logo, levamos para casa.