GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 4 de mayo de 2012

BENXAMÍN E AS SÚAS HISTORIAS


Este xoves 3 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Primaria tivemos unha animación á lectura con Benxamín

Falounos dos libros que estamos a ler Rosanda e a arte de maxia e A escola de piratas. Tamén explicounos meigallos que se poden facer para sacar boas notas pero despois de contar algúns resultados, chegamos á conclusión que o mellor meigallo é o traballo diario.


Grazas, Benxamín, pola mañá tan entretida e por ese debuxo xenial adicado á nosa alumna Laura pola súa resposta axeitada.


RECEITAS CON CEREIXAS


Os alumnos e alumnas  de 6ºB estivemos a traballar o Glogster e as receitas en xeral. E que mellor traballo de creación e investigación que facer receitas con cereixas, xa que estivemos a investigar sobre a cerdeira e o seu froito.

Aquí vos amosamos en formato glogster todo o que investigamos para crear un recetario con base de cereixas.


jueves, 3 de mayo de 2012

TARDE DE CONTOS CO LOBO FEROZ


Esta tarde tivemos a sorte de contar con Virginia, a nai de Adrián, alumno de  1ºA, e de Nadia, alumna de Infantil de 3 anos. Pasamos unha tarde moi divertida atendendo á Historia do lobo Feroz.

Aquí tedes unhas cantas imaxes desta contacontos tan especial .



A CEIBA, UNHA ÁRBORE SAGRADA

Os alumnos e alumnas de 5ºB estamos a investigar sobre a ceiba e a nosa 4ª tarefa era averiguar onde é sagrada esta árbore, en que países e por que.

Así que, aquí tedes un vídeo onde damos todo tipo de explicacións a estas preguntas que nos fai Frianciño.


miércoles, 2 de mayo de 2012

NOVAS ENSALADAS DE CONTOS

 
Os alumnos e alumnas detamén estiveron a ler os contos de HC Andersen e a crear porteriormente as súas ensaladas.

Podedes disfrutar de  toda clase de aventuras, nas que o soldadiño de chumbo comparte protagonismo co parrulo feo, un carballo, Polgariña e moitos máis.

Aquí tedes unha escolma de 3º A. 

 

Estes son os contos de 3ºB.




UN CONTACONTOS SOLIDARIO


Hoxe despois do recreo, os alumnos e alumnas de Infantil e de 1º,  tivemos a sorte de poder disfrutar cos contos de Anxo Moure
El trasmitiunos o seu agarimo por todas as árbores dos bosques. Xogamos, cantamos, sentimos e ademáis pasamos un rato moi divertido tomando conciencia da importancia que teñen as árbores na nosa vida.

As árbores, imprescindibles para respirar, dar froitos, vivir xunto cos animais, darnos papel, proporcionar mediciñas, facer sombra... así que debemos respetar, coidar  e reforestar.

COIDEMOS OS BOSQUES !!!

 Aquí deixamos unhas fotos das catro sesións




GRAZAS ANXO POLO TEU TRABALLO !!!

lunes, 30 de abril de 2012

UNHA NOVA TAREFA PARA TRABALLAR EN INFANTIL


Volta de novo Frianciño ás aulas de Educación Infantil para darlles unha nova tarefa de investigación . 

Tedes que estar moi atentos á explicación e averiguar a resposta á súa pregunta .