GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 28 de marzo de 2012

VISITA DE MENCHU LAMAS E ANTÓN PATIÑO

Este martes, 27 de Marzo, tivemos a sorte de poder contar con dous artistas plásticos de renome internacional: Menchu Lamas e Antón Patiño.

Eles amosáronnos parte da súa obra e explicaron por que se adican esta fermosa arte, a pintura.

Despois de disfrutar das súas explicacións e de facernos entender algunhas das súas obras, deixáronnos un fermoso agasallo no noso Gran Libro de Invitados que tedes á vosa disposición na biblioteca.



Damos as grazas á nosa alumna Noa de 6ºB por conseguir que os seus tíos viñeran visitarnos ao colexio.

OWLY, UN PEQUENO GRANDE AGASALLO DE CRISTINA NOVOA


Cristina, a Asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, vennos de agasallar con esta pequena alfaia.

E, a verdade é que resulta un regalo moi oportuno para nós.

1. Quen é Owly? Pois, como Frianciño (a nosa mascota), Owly é un pequeno moucho.

2. Owly é o protagonista dunha serie de novelas gráficas para rapaces escritas por Andy Runton. Como apenas teñen texto, poden entendelas nenos e nenas falantes de calquera idioma. (Segunda coincidencia: este curso estivemos a ler cómics!).
  • Queredes aprender a debuxar a Owly? Se premedes neste enlace atoparedes un vídeo para facelo.
  • Podedes descargar algúns cómics de Owly dende esta páxina web:
  • As historias de Owly poden ter un grande interese para o profesorado. Por iso, existe tamén unha proposta didáctica que se pode descargar aquí. 



3. Andy Runton é un creador de novela gráfica que xa leva acadado numerosos premios. É un grande amante da natureza e da vida salvaxe. Por iso, Owly é vexetariano e vai acompañado polos seus amigos do bosque: o verme Wormy e o esquío Scampi. Sempre tentan buscar novos amigos e facer cousas boas e inxeniosas. (Tercera coincidencia: o noso PDI trata sobre os bosques!).

O que nos ten agasallado Cristina é a primeira animación que Andy Runton fai sobre a súa personaxe.


Podedes seguir a historia desta animación neste enlace.


martes, 27 de marzo de 2012

LECTURAS DE POEMAS NO 21 DE MARZO



No Día da Poesía e durante o noso momento lector, todas as aulas elexiron o seu poema favorito e a uns representantes para conmemorar este día, facendo unha lectura conxunta de todo o Centro.

As aulas de Infantil decidiron que ían ser todos e todas representantes do seus grupos.
Aquí vos amosamos un vídeo onde podedes ver os mellores momentos dese día.




Grazas a todos e todas por estes poemas tan fermosos!!!


Lembrade outras actividades que temos feito co gallo do Día da Poesía: 


domingo, 25 de marzo de 2012

SAÍDA A CABO UDRA



No día de hoxe, disfrutamos coa nova saída da A.N.P.A.

Nesta ocasión, na Península do Morrazo, bordeando a Ría de Pontevedra. O percorrido: dende o porto de Beluso ata Cabo Udra. Unha ruta na que sempre estivemos acompañados polo mar, a area e o monte. E, por suposto, das familias dos nosos alumnos e alumnas, que cada vez suman un número máis e máis abultado.

Aquí tendes unha mostra fotográfica, para que vexades o ben que o pasamos.




A profe Montse ten compartido, tamén, as súas fotos connosco. Podédelas ver neste enlace.


Moitas grazas á A.N.P.A. por esta xornada tan espléndida!


A POESÍA EN INFANTIL

Os alumnos e alumnas de Infantil, no Día da Poesía, crearon unha tarxeta decorada por eles onde podedes ler un anaco de poema de Rosalía de Castro que eles mesmos tamén foron quen de recitar.

Aquí vos amosamos un deles.

viernes, 23 de marzo de 2012

NOVA INVESTIGACIÓN PROPOSTA POR FRIANCIÑO



Xa chegou a primavera e Frianciño Jones, que ten viaxado moito, convídanos a facer unha viaxe virtual para que descubramos todas estas festas que se están a celebrar no mundo para festexar a chegada dunha nova estación.

O que nos propón é un traballo de investigación sobre o país que xa estamos a descubrir, e que informemos ao resto do colexio destas celebracións a través dunha reportaxe.

Así que xa sabedes, mans a obra!!!



O NOTICIEIRO ECOLÓXICO E A SELVA AMAZÓNICA


Os alumnos e alumnas de 6ºA estiveron investigando ao longo desta semana sobre a selva amazónica e crearon unha presentación onde nos amosan tanto as súas características como os problemas de deforestación que teñen na actualidade.

Estade moi atentos á presentación, porque ademais ten unha ampla variedade de enlaces a vídeos e webs moi interesantes.