GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 25 de noviembre de 2011

UNHA TARDE DE MARIONETAS

Este Mércores de Conto xuntámonos na Biblioteca moitísimos alumnos e alumnas.


A mamá de Anxo (4ºA) e Noel (2ºA), Isabel Barbosa, contounos o conto titulado: SILENCIO.

Combinado con marionetas e en colaboración con todos nós, fixo as ledicias dos que alí estabamos.

Despois tamén realizamos as nosas marionetas.

Grazas Isabel, pola túa colaboración !!!

UN CIRCO NO VENRES DE VIVA VOZ



Tamén comezou unha nova andaina dos Venres de Viva voz en Infantil.

Os nenos e nenas da clase de 5 anos A e a súa profe Conchi representaron un Circo xenial e moi ben organizado. Preparados porque comeza a función!!!




Un aprauso para este circo tan especial!!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 de Novembro




Un ano máis (por desgraza) colgaremos do noso peito os lazos lilas, reivindicando a loita contra o Maltrato de Xénero.




Ante todo unímonos a Enlaza Vigo que é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de Novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.



O 25 de novembro lembramos ás mulleres que, día a día, padecen no seu fogar o inferno da violencia machista.
Para iso imos amosarvos unha serie de cancións que tratan este tema:


En tu ventana de Andy y Lucas:





Salir corriendo de Amaral:





La bella y La bestia de Porta:





E, por último, aquí tedes unha guía para rapazas e rapaces. Aprenderavos a vos defender das agresións, a evitalas e a convivir en igualdade, para, entre todos, poder mellorar este mundo.



domingo, 20 de noviembre de 2011

UN CONTO DE MAGOSTO NO VENRES DE VIVA VOZ


Os nenos e nenas de 2º A estiveron preparando o conto A Castaña que rebentou da risa... 

Así pois, o venres xuntáronse na súa aula e invitaron a outros compañeiros e... 


...se queredes saber máis, mirade este vídeo!



sábado, 19 de noviembre de 2011

MIÑA LINGUA GALEGA...




A lingua sabe a pan...

Este é o título do Lipdub do CPI Virxe da Saleta de Cea sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. 

Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.




AS PERSONAXES DO COMIC




Esta semana seguimos a traballar sobre o cómic e imos investigar sobre as diferentes personaxes.

Por iso presentamos o noso primeiro traballo sobre algunhas das personaxes coñecidas por todos vós:





Agora imos repasar todas estas imaxes e comprobar se coñecedes as portadas destes cómics:




E para rematar, o noso agradecemento ó CEP Doutor Fleming polo seu LIM sobre os nomes das personaxes do cómic.




jueves, 17 de noviembre de 2011

OS CÓMICS TAMÉN SON PARA INFANTIL


E senon, que llo pregunten ós nenos e nenas do CEIP Virxe da Barca, de Muxía.

Os profes do seu cole teñen creado un fantástico cómic para que a rapazada repase as vogais. Titúlase Roquiño e o rato. E... quen é Roquiño...? Pois ven sendo a mascota da biblioteca do cole.

Como poderedes ver neste enlace ó Blog de Roquiño, o resultado é fantástico. Só hai que ter unha boa historia que contar.

Grazas por compartilo, e a Susana (de Os Muíños) por nolo contar!