Páginas

miércoles, 6 de enero de 2016

REPARTINDO REFUXIADOS...



... dende os países de procedencia de solicitudes. 

1. SABÍAS QUE...?

Durante o ano 2015, a Comunidade Económica Europea aceptou dar asilo a 160.000 persoas refuxiadas. A meirande parte proceden de Siria, Iraq e Eritrea. Chegaron a Europa a través de tres vías principais. Por iso, o reparto de solicitudes aprobadas fíxose en función do país de entrada na Unión Europea.

2. OBSERVA E BOTA CONTAS

O gráfico que ves na cabeceira deste post foi creado por Raúl Sánchez e publicado en eldiario.es o día 9 de setembro de 2015. Fíxate ben e contesta:
      • cales son os principais países de entrada de refuxiados na Unión Europea; 
      • que cantidade de solicitudes foi aceptada en cada país de entrada;
      • cantas solicitudes foron aceptadas en total.
3. USA A CABEZA E PENSA
      • Busca no mapa de Europa estes tres países de procedencia das solicitudes (Grecia, Hungría e Italia). 
      • Aínda que pertencen a Asia, neste mesmo mapa poderás atopar dous dos países de orixe dos refuxiados: Siria e Iraq. Localízaos. 
Agora que xa sabes de onde veñen e a onde chegan os refuxiados... que medios de transporte pensas que terán empregado para chegar ata Europa?

4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS

Que tal se nos contas todo o que tes descuberto? Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz. 

Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria. 





1 comentario:

  1. Os nenos e nenas de 1ºB pensamos que os gobernos dos paises en guerra son os culpables de que haxa refuxiados.
    Na guerra morren os nenos e as nenas e as bombas destruien edificios e bosques.
    Nos queremos que os refuxiados veñan a Vigo.
    O neno Sirio pedia que lle axudaran a acabar coa guerra para que poidese volver ao seu país.
    pois o goberno espalol debería falar con outros paises para que remate a guerra.
    1º B pedimos que non haxa máis guerras no mundo.

    ResponderEliminar