Páginas

sábado, 31 de enero de 2015

HISTORIAS DA EMIGRACIÓN


Recopiladas entre a nosa Comunidade Educativa.

Como xa vos informaramos nun post anterior, este curso, para festexar o Día da Paz, estivemos a traballar sobre a Emigración. Xa que entre Galicia e outros lugares do mundo xenerouse dende sempre un intercambio cultural moi intenso, pedimos ó noso alumnado que recabara información entre as súas familias e que a compartira connosco.

Este é o resultado deste traballo. Historias fermosas que falan de constancia, de tesón, de intentar mellorar as condicións de vida... De soños, pero tamén de morriña e de soidade.

Grazas pola vosa xenerosidade ó compartilas!



Imaxe: INDIACATALINA.  Monumento a la madre del emigrante. Gijón. CC BY SA

2 comentarios:

  1. Gran traballo. E ademais moi bonito. Hai días que dá gusto navegar por aí e ver LIBROS (en maiúscula) realizados pola xente miúda desta categoría.

    Un saúdo dende BiblioLucus.

    ResponderEliminar
  2. No nome dos nosos alumnos e das familias que o fixeron posible, moitas grazas, compañeiros, polo voso fermoso comentario.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar