Páginas

domingo, 29 de junio de 2014

UN CURSO DESPOIS, RECOLLEMOS O NOSO PREMIO



No Auditorio do C.S.I.C.

O pasado venres 27 de xuño acudimos a Madrid Olga, a directora do noso cole e máis a coordinadora do Equipo de Biblioteca para recoller o Premio Nacional que recibimos polo PDI do curso pasado (A lingua sabe a pan). 

Entregaron os premios o Director General de Formación Profesional, o presidente do Consello Escolar do Estado e a Vicedirectora do CSIC. 

Reunímonos no Auditorio do CSIC alumnos, profesores e centros docentes, xa que no mesmo evento se entregaron os Premios Nacionais de Educación Secundaria, de Ensinanzas Artísticas, de Bacharelato e de Educación. 

Suliñaría o discurso de agradecemento do alumno que representou ós premiados. Con grande coherencia e estilo, o rapaz alabou o ensino público e agradeceu a tarefa das familias e dos profesores. Un discurso que nos fixo sentir moi orgullosos a todos os docentes. 

Neste enlace atoparedes a información publicada na páxina web do Ministerio. 

Nestoutro, a nova publicada polo Faro de Vigo

Deixámosvos aquí con algunhas imaxes do día. 



1 comentario:

  1. Parabéns a toda esta Comunidade Educativa!! Da gusto ver que ás veces se recoñece o noso traballo

    ResponderEliminar