Comezando o mes de decembro, esta mañán chegaron onda a nós a Directora e a Xefa de Estudios, entusiasmadas, con esta carta. (Preme na imaxe para ver o documento en grande).
A comunicación referiase ó Premio Nacional de Educación para centros non universitarios, no apartado de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais, no que temos presentado o noso PDI do curso pasado (A lingua sabe a pan).
Ante estas magníficas novas, non podemos máis que agradecer:
- en primeiro lugar, á nosa Comunidade Educativa (alumnado, profesorado e familias) porque grazas ó traballo desinteresado de todos eles, e sumando esforzos, foi posible este resultado;
- ó Equipo Directivo, por nos apoiar en todo intre;
- á gran comunidade "plambeira", polo moito que nos inspiran e aprendemos deles e con eles;
- e a Pilar, Cristina e José Luis por informarnos, e darnos pulos e ánimos.
Hoxe, durante o recreo, celebrámolo, coma se fora a Lotería de Nadal. Darvos por convidados!


Os nosos parabéns dende o outro lado da ría a toda a comunidade educativa, que xa ten un longo recorrido traballando pola calidade do ensino, e dando exemplo.
ResponderEliminarApertas
Moitas grazas, Isa, Belén, e comunidade educativa do CEIP Quintela - Moaña, polos vosos comentarios, e, sobre todo, polo que nos aprendedes.
ResponderEliminarPARABÉNS!!!!!!!!
ResponderEliminarQue ledicia que se valore o traballo ben feito.
Un saudiño dende A Lama,
LEO
Parabéns dende a biblioteca do ROU!
ResponderEliminarA nosa noraboa dende a outra punta de Galicia. Sodes un un faro que nos ilumina dende o Atlántico ata o Cantábrico.
ResponderEliminarApertas dende a Costa de Lugo.
María-Cervo
Moitas grazas, María. As vosas palabras son moi entusiastas. Mais nós podemos dicir o mesmo de vós: sodes un faro que nos ilumina e trae aire fresco dende o Cantábrico. Apertas.
ResponderEliminarGrazas, Henar e Maite. Vós e os nosos alumnos en común sodes tamén parte do premio e do
ResponderEliminarPlan Anual de Lectura do curso pasado. Esperámosvos para seguir compartindo lecturas e bos momentos.
Unha aperta.
Moitas grazas, Leo, Rafa e Cris. Unha aperta virtual e, non por iso, menos entrañable. Debémosvos unha visita para coñecer esa fermosa biblioteca e o marabilloso traballo que desenvolvedes.
ResponderEliminarBicazos
Parabéns a toda a comunidade educativa. É motivador saber que o traballo ben feito ten recompensa.
ResponderEliminarLevades moitos anos traballando moito e moi ben así que non podía ser máis merecido.
Moitos bicos
Unha apreta a toda a comunidade educativa e ó profesorado en particular. Un bico. Somos os millores
ResponderEliminarParabéns, estamos orgullosos do voso traballo e de formar parte deste centro.
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras, Belén.
ResponderEliminarBicos
Somos nós os que estamos orgullosos de ter a mellor ANPA do mundo mundial.
ResponderEliminarGrazas pola vosa colaboración e o voso traballo desintereado.
A Bibliocrocaio do Ceip Eduardo Pondal envíavos os parabéns de corazón para un traballo ben feito.Un abrazo de todo o Claustro.
ResponderEliminarMoitas grazas, amigos, compañeiros e veciños do CEIP Eduardo Pondal. Agradecemos moito o voso cariño e amistade.
ResponderEliminarApertas.
Parabéns por este merecido premio e polo voso traballo.
ResponderEliminarUn saúdo dende O Rosal.
os nosos parabéns polo traballo diario cos rapaces. Familia con nenos no cole e compañeiros de profesión, sentímonos orgullosos e emocionados coa valoración do voso traballo. CONGRATULATION!!!
ResponderEliminarMoitas grazas, Asun e demais compañeiros e compañeiras da Quinta do Rosal. Fainos moita ilusión unha felicitación dun centro con tanto dinamismo e ganas.
ResponderEliminarApertas
Grazas, pais e compañeiros "anónimos". A parte de "compañeiros" gústanos moito. Pero a de "pais" encántonos". Porque grazas a que vós e outros coma vós nos "prestades" ós vosos fillos e fillas durante unhas horas podemos facer cousas coma estas.
ResponderEliminarGrazas polo voso apoio.