Páginas

domingo, 9 de mayo de 2010

A NOSA PÁXINA WEB, PEONZA DE OURO




A páxina web do noso Centro, na que o traballo da Biblioteca ocupa un lugar senlleiro, acaba de recibir a Peonza de Ouro no apartado de Blogs de Centro.

Ter sido nomeados finalistas no Concurso Espiral de Edublogs xa nos parecía un recoñecemento inmerecido. Canto máis ter conquerido a Peonza de Ouro na categoría de Blogs de Centro!

Moitas grazas a todos e a todas os que, co seu traballo e colaboración, o fixeron posible. E grazas ó xurado que valorou tan positivamente o contido da nosa páxina.

Estamos encantados, ademais, de compartir este galardón con todos estes blogs gañadores que teñen unha calidade tan magnífica:


Blogs de Centro



Do mesmo xeito, sentímonos moi próximos ós nosos compañeiros do PLAMBE, que teñen recibido un merecido recoñecemento no apartado de Blogs de Bibliotecas: 

Ars Legendi (C.P.I. A Baña)
As Mariñas (I.E.S.  As Mariñas)

Parabens, e... a seguir bailando!


2 comentarios: